Posts Tagged ‘papa’

A retranca non pasa a censura católica

octubre 28, 2010  |   Blog   |     |   0 Comment

A retranca non pasa a censura católica

A primeira vez que abrín un libro vello levei un pequeno sobresalto ao apreciar que nas primeiras páxinas aparecía un selo que a min me pareceu que dicía "nihil ostia". En realidade viña a dicir "nihil obstat", algo así como "nada que obxectar". Era o selo da censura que os que somos noviños coma min (se vinte anos non son nada, os que teño eu, cuarenta, son o dobre de nada, ou sexa, nada de nada) non chegamos a padecer. Afortunadamente, inda queda nesta nosa España grande e libre xente vehemente e xenerosa que é quen de  nos explicar con exemplos prácticos de onde ven a enxebre tradición de aplicaren a tixeira dos valores católicos ao pérfida canallesca. O número correspondente a este mes da revista Retranca parece ser que foi "secuestrado" polo propio impresor, que ficou indignado co contido da portada, unha alusión irónica á visita do Papa Benedicto XVI á Galicia, e máis concretamente á milagreira capacidade do Santo Pai de facer gastar millóns de euros de onde (supostamente) non os había. Os propietarios da imprenta (que, por certo, está en Murcia, non sabía eu que neses lares entenden tan ben ...